sábado, 11 de febrero de 2012

Briallos honra a San Blas










O venres 3 de Febreiro a parroquia de San Cristobo de Briallos festexou a San Blas bispo e mártir con diferentes actos lúdicos e relixiosos. Pola mañá unha gran tirada de fogos anunciou o comezo da festa, as 9:00 rezouse o Santo Rosario e deseguido  bendecíronse os fanchucos  e o aceite de San Blas.  Houbo misas rezadas as 10:00, 11:00 e 12:00h e o Grupo de gaitas "Os Xuncos" de Lalín  foi o encargado de poñer  o toque musical tradicional durante toda a mañá da festividade. Hai que mencionar que durante todo o día non faltaron postos gastronómicos no exterior do recinto da igrexa: un posto de polbo a feira,  postos de rosquillas, churros e productos gastronómicos como o queixo ou os chourizos foron os encargados de satisfacer o paladar dos mais esixentes. Xa en horario vespertino,  a quenda musical foi para o grupo de gaitas "Maquía" de Godos, houbo unha misa rezada as 18:00h, e as 19:00h celebrouse a Misa Solemne cantada polo coro parroquial de Briallos seguida da  concurrida procesión das candeas  ata a bouza de San Brais asi mesmo acompañada polo citado grupo de gaitas. Ao finalizar cada acto litúrxico os asistentes puideron mercar os fanchucos bendecidos e untar as suas gorxas en aceite. Pola noite os veciños e visitantes puideron desfrutar dunha verbena amenizada polos Dúos Obice Capital de Padrón e Marema de Xeve acompañada de Churros con chocolate  nun espectacular ambiente de festa. Para os que non puideron asistir o día 3, houbo misas o domingo anterior (rezada) e o domingo seguinte  (cantada polo coro parroquial de Tremoedo) ámbalas dúas as 10:00h. Foron moitas as persoas que durante todo o día se deron cita na igrexa parroquial de Briallos para honrar a San Blas e desfrutar do ambiente festivo que estivo presente durante toda a xornada.

domingo, 15 de enero de 2012

Romaría de San Blas en Briallos (Portas, Pontevedra)


Pola mañá tirada de bombas de palenque para anunciar o comezo da festa. 

As 8:45h bendición do aceite e dos "fanchucos" de San Blas
.Ás 9:00h rezo do Santo Rosario.
Misas rezadas ás: 10:00h, 11:00h e 12:00h pola mañá pola tarde misa rezada as (posibilidade as 17:00) e 18:00h. Durante toda a mañá da romaría acompañaránnos coa súa actuación o grupo de gaitas "OS XUNCOS" de Lalín.

A partires das 17:00h e durante toda a tarde actuación do Grupo de gaitas "MAQUÍA" de Godos.

Ás 19:00h misa solemne cantada polo CORO PARROQUIAL SAN CRISTOBO DE BRIALLOS, seguida da PROCESIÓN DAS CANDELAS
ata a bouza de San Brais acompañada polo citado grupo de gaitas.

Ao finalizar cada acto litúrxico poranse os fanchucos de San Brais a disposición do público e unxiranse as gargantas con aceite bendecido, como en anos anteriores.

Pola noite, Verbena co DÚO OBICE CAPITALl de Padrón e DÚO MAREMA de Xeve, o finalizar, haberá unha pequena sospresa para tod@s.


No recinto exterior da igrexa haberá un TOLDE E POSTO DE PULPO A FEIRA. O campo estará cuberto por unha GRAN CARPA.

Outros actos relixiosos en honor a San Blas:
 domingo 29 de Xaneiro, misa rezada ás 10:00h.
-domingo 5 de febreiro,as 10:00h,  misa solemne cantada polo CORO PARROQUIAL DE TREMOEDO.